ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Dez anos levan colaborando coa asociación Cometa dous voluntarios, Alejandro Veira, coñecido como Pan, e a súa compañeira María. Colaboran na recuperación de animais abandonados ou maltratados que teñen difícil adopción porque a súa experiencia vital fainos medorentos e recelosos dos seres humanos. “María e eu imos todos os fins de semana ata a protectora e se, por algún motivo, non podemos ir fáltanos algo, o cariño que recibes é moito, ver que o que estás facendo serve resulta impresionante”, declarou Alejandro Veira, Pan, en Radio Fene
Rudy e Rick son dous cans que sufriron abandono e maltrato. Rudy ten sete anos, foi atopado nunha bolsa do lixo cos seus irmáns e pasou por unha adopción fallida. Rick, de tres anos, vivira sempre encadeado antes de chegar á protectora. Agora aos dous cústalles afacerse á relación coas persoas. Pan e María téñenos apadriñados e lévanos a clase de comportamento para axudarlles a superar o trauma vivido e o temor que lles causa a xente. Pan traballa na hostalaría, é fotógrafo afeccionado e aproveita esa actividade para recadar fondos cos que financiar as clases para mellorar o comportamento de Rick. Tamén hai unha campaña de micromecenado para recadar donativos na páxina ko-fi.com/rickcometa. O custe das de Rudy páganas Pan e María.
Publica o teu comentario agora