Moito conto

Moito conto

04 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Paula Carballeira, Quico Cadaval, Nelsón Calderón e Boniface O Foco protagonizan esta tarde o Festival Internacional Conta con Narón. Realizarán unha contada colectiva ás oito e media desta tarde no Auditorio Municipal de Narón. Mañá sábado Paula Carballeira fará gozar coas súas historias ás doce da mañá, na biblioteca municipal do Alto.

Concurso de monólogos en Fene.

Tamén se reanudan esta noite os Monólogos no Son de Cociña con tres participantes. O primeiro o médico de familia Juan Couce que titulou a súa intervención como "Médicos, mediciñas e outros druídas". En segundo lugar subirá ao escenario a coruñesa Lali Fraga co monólogo "Señoras e señores" . Por último un membro da familia Da Chousa de Fene cun monólogo titulado " Un corpo acojonante".
A noite de humor ábrese ás 10,30 no Son de Cociña en Perlío, na que será a segunda sesión do concurso.

Sociedade