Moito corazón

Moito corazón
11 de Outubro, 2022 - 10:07 h. | Publicada por Radio Fene

“Esforzáronse e ao final, cando peor estabamos, con unha menos, e perdendo 0-1, conseguimos empatar o partido cun gol de Jennifer”. Balance do partido xogado polo Perlío e o Discalzas de Cedeira o domingo no campo dos Pinares, que rematou con empate a 1 gol. O resumo é do adestrador do Perlío, Carlos “Vinki” Carballo, que falou para Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“Máis corazón que cabeza”. O Perlío acadou o empate remontando un gol en contra, marcado polo Discalzas na segunda metade, e con unha xogadora menos, por lesión, nun partido xogado na casa e con bastante público. “Todas fixeron un bo traballo”. O adestrador pon o énfase no esforzo realizado polas xogadoras. “A primeira parte dominámola, tivemos ocasións, pero non fomos quen de marcar un gol. Na segunda empezamos con dominio pero, a medida que pasaban os minutos, fomos deixando moito espazo, elas fixeron un par de contras moi boas, marcáronos un gol, e púxose a cousa contra arriba. Pero as rapazas fixeron un esforzo, perdendo 0-1, con unha xogadora menos por lesión, conseguimos empatar o partido. Penso que ao final é un resultado bastante xusto polos méritos que fixeron os dous equipos”. Ao adestrador do Perlío preocúpanlle as lesións porque o equipo anda escaso de xogadoras. Carballo anima ás mozas con máis de 13 anos que lles guste o fútbol a sumarse ao Perlío. “Teñen as portas abertas”.

Na imaxe (fotografía Xan Xe) Jennifer Florencio, a autora do gol do Perlío.

Deportes

Publica o teu comentario agora