Moito esforzo no campo

Moito esforzo no campo
19 de Xuño, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Agulló, Pirri e Raul defendian a portería do Club Deportivo Sillobre en 1976. Como dianteiros figuraban Cortizas, Puentes e Micho, nun equipo adestrado por Juan Cabana. O presidente era Juan Galdo Fachal. Lograran un campo propio nas Agrochás inaugurado en xullo de 1974 polas festas de Santa Mariña. 

O club deportivo Sillobre integraba a 350 persoas asociadas que abonaban cincuenta pesetas mensuais (en 1970 vivian en Sillobre 1456 persoas) e por término medio, sacaban de taquilla durante o campionato unhas vinte mil pesetas. Como defensas do Sillobre figuraban Julio, Rosco I, Rosco II, León, Adolfo e Vieira. Na media, Armando, Avelino e Farias. O Sillobre tiña o equipo de modestos e un equipo xuvenil, adestrado por Fermín. Na imaxe a madriña e o árbitro no partido de inauguración do campo de fútbol de Sillobre.

Deportes

Publica o teu comentario agora