Moito Londres

Moito Londres
08 de Xullo, 2023 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Londres é unha das grandes capitais do mundo, pola súa historia, oferta cultural e por ser sede de poder financieiro e político. Tamén é un gran polo de atracción turística e unha das cidades máis asequibles para viaxar dende Galicia, como explicou no espazo Bulebule de Radio Fene, a experta en viaxes de Zafiro Tours Ana Rodríguez

ESCOITA O PODCAST:

“Hai moito que ver e para todos os petos, ofrece de todo, podes ir veces e veces e sempre quedan cousas por ver”.  Moitas galerías e museos son gratuítos e as percorrido pola cidade pode facerse a pé ou no metro. Nunha primeira viaxe, Ana Rodríguez recomenda comezar visitando a ponte de Londres, a noria que chaman London Eye, as casas do Parlamento, o pazo de Buckinham, a abadía de Westminster, o gran Museo Británico, a Galería de Artes. Tamén hai moitas feiras, como a de Portobello e, sobre todo con nenos, paga a pena ver os estudios de Harry Potter. O ideal sería pasar alí catro noites, pero tamén pode facerse a viaxe estando tres noites. Sobre 400 euros é posible facer a viaxe. A clave é encontrar voos que non sexan moi caros. É das capitais europeas mellor comunicadas, que ofrece viaxes máis asequibles. Hai voos con varias compañías desde Santiago de Compostela e a duración da viaxe é so dun par de horas. Iso si, desde o Brexit para viaxar a Londres necesítase pasaporte.

Sociedade

Publica o teu comentario agora