Moito que aprender

Moito que aprender
27 de Abril, 2022 - 09:51 h. | Publicada por Radio Fene

“Temos moito que aprender da deportista Carolina Marín” afirmou en Vilanova da Fenestra de Radio Fene o psicólogo José Barcia. Soubo recuperarse de xeito admirable e con moita rapidez dunha grave lesión. Podemos aprender a utilizar ferramentas que nos axudan a afrontar momentos de dificultade, segundo o psicólogo Jose Barcia. A deportista Carolina Marín superou unha lesión grave sen pasar pola fase de negación, aceptación e construción de camiño de mellora. Marín foi directamente á fase de adaptación. Empezou a construír a súa mellora xa directamente. Pasou por riba das primeiras fases.

ESCOITA O PODCAST:
Carreira da muller da Coruña. 2019

Todos os seres humanos temos capacidade para sobrepoñerse ás adversidades. Incluso saír reforzados das experiencias negativas. Todos temos en maior ou menor medida esa resiliencia. Carolina Marín, é unha superdotada da resiliencia, unha das mellores deportistas femininas no circuíto de bádminton.Campioa olímpica, tres veces campioa do mundo, catro veces campioa de Europa e número un do mundo individual. 
 

Deportes

Publica o teu comentario agora