Moito que celebrar

Moito que celebrar
02 de Maio, 2025 - 10:06 h. | Publicada por Radio Fene

A Escola de Limodre vai camiño dun século. A Asociación Veciñal está a deseñar un programa de actividades para conmemoralo, segundo anunciou en Radio Fene o presidente da entidade Nacho Martínez.

ESCOITA O PODCAST:

Unha fotografía da inauguración da Escola de Limodre, celebra a constitución, en outubro de 1925 da Sociedade de Instrucción que fixo a escola nunhas lonas instaladas no exterior do edificio. A Asociación Veciñal encargoulle o deseño a Teo Castro e as lonas permanecerán colgadas na fachada da Escola durante todo o ano. A conmemoración tamén inclúe a celebración dunha serie de charlas e a gravación dun documental para celebrar o centenario da iniciativa que tiveron os emigrantes de Limodre e os veciños que fixeron posible a creación da Escola. “Todos os veciños, desde o ano 25 ata os nacidos no 77 pasaron nalgún momento pola Escola de Limodre”, lembrou Nacho Martínez que tamén tivo unha lembranza para un mestre “Don Andrés, era de Redes e tamén preparaba para entrar en Astano e Bazán”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora