ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Doce espectáculos, dez en Ferrol e dous en Mugardos, compoñen este ano a programación que trae á comarca Atlántica, o Festival Internacional de Narración Oral. As actividades comezan este xoves e continuarán ata o domingo en diferentes espazos e con artistas convidados de diferentes nacionalidades, como nos contaba a directora do Festival, Soledad Felloza.
Un mar de contos traerá á comarca o Festival Atlántica. Relatos de Xapón, Portugal e Galicia que soarán na Biblioteca municipal, o parque Raíña Sofía e as rúas de Ferrol. Tamén no Centro de interpretación de Caldoval, en Mugardos. En Ferrol tamén hai previstos dous roteiros. Pola escultura urbana da cidade, con Guillermo Llorca, e o dedicado á Muller no progreso de Ferrol, a cargo de Esperanza Piñeiro. Yoshi Hioki, Ana Sofía Paiva, Avelino González, Inacio Vilariño, Luís Prego e Samuel Soto, Raquel Queizás, Vero Rilo e Santi Cribeiro, Celso F. Sanmartín traen unha chega de historias que contar.
Este ano Atlántica terá 30 sedes, reunirá máis de 45 artistas. Contadores e contadoras de historias chegados de Portugal, Cuba, Salamanca, Xapón, e unha amplísima mostra de talento galego e novas voces que están a xurdir que ofrecerán máis de 90 funcións para público infantil e para adultos en Galicia e o norte de Portugal.
Publica o teu comentario agora