ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Andaina por San Valentín. Unha actividade da concellería de Deportes, en colaboración co CPS de San Valentín, que terá lugar este sábado, día 19 de outubro, con Moncho Gándara como guía.
Un roteiro no que haberá ocasión de comentar o estado da ría e de coñecer lugares como o Pazo da Mercé ou o Mosteiro San Martiño do Couto. Saída do CPS de San Valentín, ás catro e media da tarde. Serán aproximadamente oito quilómetros e tres horas de duración. Terá como principais puntos de interese no percorrido: Paseo marítimo de S. Valentín - O Puntal - Pazo da Mercé (con paradiña) - Senda ponte do tren - Mosteiro San Martiño do Couto (con paradiñas) - Senda da Ponte do tren (con paradiña) - Estación de Neda- O Puntal - Camiño do Regueiro, e remate no CPS de San Valentín.
Publica o teu comentario agora