Moito ruido e poucas noces

Moito ruido e poucas noces
15 de Agosto, 2021 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

A construción das jackets xenera un escaso valor engadido. Hai pouco investimento en tecnoloxía e o orzamento se debe repartir co país no que se vai instalar o muiño. Cada xigante metálico custa entre 4 e 5 millóns de euros e xenera entre 18.000 e 20.000 horas de traballo. Xeneraría ocupación para 11 persoas durante un ano. As cifras dunha fragata non teñen nada que ver: Orzamento de arredor de 800 millóns de euros, máis de 24 millóns de horas de traballo. Se fose posible concentrar a súa construción nun ano, daría emprego a 12.000 ou 14.000 persoas.

Jacket en Navantia Fene

De todos os xeitos, menos é nada e Navantia Fene pode aproveitar a amplitude das súas instalacións para continuar coa fabricación destas estruturas, ainda sendo consciente das súas limitacións. A alianza entre Navantia e Windar afonda os seus piares non sector da eólica mariña. O estaleiro de Fene construe as 62 jackets destinadas ao parque  de Iberdrola en Saint Brieuc, na Bretaña francesa.

Navantia e Windar colaboraron xa en once contratos para cinco países, valorados en 900 millóns de euros e con execución en Fene (A Coruña) e Puerto Real (Cádiz). Este é o primeiro proxecto no que Navantia realiza a construción da totalidade das estruturas do campo.

As jackets para Saint Brieuc son as de maior tamaño construídas até agora por Navantia-Windar, un total de 74 metros de altura. Consisten nunha estrutura de tres patas, cun peso de 1.100 toneladas, ás que hai que engadir unhas 500 toneladas máis do pilote.

O total do proxecto desenvolvese en Fene, Avilés e na instalación de Navantia-Windar no porto de Brest. Ademais, a fabricación de compoñentes atópase distribuída noutras rexións de Galicia e Andalucía.

 

Como novidade adicional fronte a construcións previas, as jackets contan cun dispositivo hidráulico instalado nas súas patas e denominado pile gripper. Consiste nuns cilindros hidráulicos que achegan fixación adicional mentres fragua o formigón entre a jacket e o pilote, reducindo así riscos de desaxuste na instalación do aeroxerador.

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora