Moito xogo

Moito xogo
05 de Febreiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nova edición da Liga Galega de Magic. Na tenda Cáprica de Fene, unha das organizadoras da competición, comeza este venres e prolongarase ata xuño. Juanma Sánchez falou en Radio Fene da competición e presentou dous xogos para público infantil e adolescente

ESCOITA O PODCAST:

A Liga Galega de Magic naceu o ano pasado coa participación de catro establecementos, agora xa son sete. Cada unha delas disporá de cinco prazas para participar no torneo que disputarán os gañadores. Dous días ao mes, o segundo e o cuarto venres reuniranse os xogadores en Cáprica. Para participar hai que apuntarse por anticipado. Xa teñen dez prazas reservadas. 

Novidades

Slapzi, un xogo moi curto e divertido, é unha das propostas que nos presentou esta semana Juanma Sánchez. A outra opción é  Exploradores dos bosques, un xogo de mesa cooperativo. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora