Moitos ‘ninguén’

Moitos ‘ninguén’
10 de Xaneiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

O historiador Francisco Leira ven de publicar Los Nadies de la Guerra de España. O vindeiro venres a partires das once da mañá coñeceremos en Radio Fene aos protagonistas das historias que compoñen este libro na voz do seu autor.

“O fío condutor que os une foi o que uniu a millóns de persoas durante a guerra. O conflíto bélico foi un punto de inflexión dentro da historia da península ibérica no século XX. Penso que a través das pequenas historias que narra o libro pode falarse de moitos outros ‘ninguén’”, afirma Francisco Leira. María, Urania, Juan, Francisco ou Dorinda son algúns dos ‘ninguén’ sobre os que conversamos co historiador. O programa poderá escoitarse este venres en Radiofusión arredor desta nova obra editada por Akal.

Na imaxe, o escritor Francisco Leira en Radio Fene.

Fotografía Xan Xe.

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora