ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Angel Nieto “Luco” foi un dos impulsores do Clube Deportivo Sillobre. Formouse en 1971 e comezou a xogar nun campo alugado no lugar de Pedre. Anos máis tarde mercáronse os terreos necesarios no lugar das Agrochás que se inaugurou en xullo de 1974. A construción do campo levou o seu traballo posto que había no lugar unha canteira e houbo que botar moitos barrenos para salvar o desnivel da parcela. Andando os anos, o fútbol fusionouse coa Sociedade Agarimo levando unha única xunta directiva a actividade cultural e máis a deportiva.
Angel Nieto aínda soña coa formación dun equipo de fútbol que aproveitara as instalacións de Sillobre para a práctica do balompé.
Na imaxe de esquerda a dereita arriba: Colás Agulló, Julio, Adolfo, León, Adolfo Amado, Roscó Primeiro e Juan Cabana
Abaixo: Andrés, Bolitas, Santos, Puentes, Farias, Antonio e Joseiño.
Publica o teu comentario agora