Moitos desastres no medio ambiente

Moitos desastres no medio ambiente
04 de Outubro, 2021 - 07:57 h. | Publicada por Radio Fene

Engaiola, encadea, enreda á audiencia coa súa voz. Cristina Mariño presenta e despide os capítulos do podcast "Os incurábeis". No capítulo quinto o inspector Pereiro fala co taberneiro Santos. As descargas de carbón ao aire libre transforman o barrio dos Castros no denominado "blacktown". A derruba do castelo de San Diego, o soterramento do rio Monelos, a desaparición da praia de Oza, foron outros desastres medioambientais, segundo Santos.

ESCOITA O PODCAST:
Cristina Mariño presenta e despide os capítulos de "Os incurábeis"

"A altas horas da mañanciña, pola rúa dos sete bares, non tardamos nin cinco minutos en chegar ao Miradoiro" apunta o inspector Pereiro.

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Sociedade

Publica o teu comentario agora