ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Hai moitos galegos que non saben que o son, afirmou Quico Cadaval en Pontedeume no acto conmemorativo da intervención pública en galego de Galo Salinas en 1891. “A min mesmo ata o segundo café da mañá non se me desperta a conciencia nacional” confesou con ironía o contador de historias de Ribeira.

Conduciu o acto na mañá de onte domingo nunha Casa da Cultura repleta de público. Presentou ao presidente da Real Academia Galega Henrique Monteagudo, á cineasta Margarita Ledo, á cantora lírica Ana Belén Manteiga e á banda de música Charamela. O Ateneo Fernán Martís organizou o evento coa colaboración de Galiza Cultura, Concello de Pontedeume e Deputación da Coruña.
Galo Salinas
Galo Salinas viviu en Pontedeume entre 1886 e 1892. O 8 de agosto de 1891 fundou a sección local da Agrupación Rexionalista Galega, presidida por Manuel Murguía. Pronunciou un discurso en galego e o texto se conserva porque foi reproducido no xornal da Coruña "Diario de Avisos". En galego, todo ten cabida, nada lles impide ás persoas pensar e expresar en galego as ideas todas da nobre arte da política. Cadaval tamén reflexionou: “Vai sendo hora de sacarlle o de real á academia galega”.
Publica o teu comentario agora