ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Milleiros de persoas manifestáronse este mediodia en Santiago contra a política lingüística do Partido Popular, secundando a convocatoria da plataforma Queremos Galego. A forte chuvia non impediu a concurrencia dos que reclamaban máis presenza do idioma propio na escola.
A marcha esixiu a derrogación do decreto da Xunta de Galicia que xa conta con varias sentenzas contrarias do TSXG. O voceiro de Queremos Galego, Carlos Callón, lembrou a situación particularmente dramática da lingua galega na educación infantil, dado que "permanece totalmente ausente en máis do 90% dos centros". Á marcha acudiron dirixente do PSdeG PSOE, AGE e BNG.