Moitos suicidios en Galicia

Moitos suicidios en Galicia
23 de Marzo, 2022 - 10:17 h. | Publicada por Radio Fene

 Os suicidios son a principal causa de morte non natural e o primeiro problema de saúde pública en Galicia e no Estado español, a gran distancia dos accidentes de tráfico e dos homicidios. Os factores que inflúen nesas circunstancias están relacionados coas doenzas mentais, os baixos niveis formativos, a pobreza e o empeoramento das condicións de vida debido á crise económica.  Todo apunta a unha deficiente percepción da vida, para o escritor Marcos Lorenzo. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral

A dotación sanitaria para enfrontar esa problemática é manifestamente insuficiente e inadecuada. Galicia presenta xunto a Asturias, a taxa de suicidios máis elevada, un 50% superior á media española e tamén por riba das medias mundiais. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora