ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Queremos uns rios limpos e concienciar á sociedade sobre a necesidade de conservalos. Con ese propósito, ADEGA organiza uha vez máis o Proxecto Ríos. O domingo 29 de setembro, máis de 50 entidades, máis de 500 voluntarios en 35 localidades de toda Galicia lanzaránse a limpar os rios de residuos.
O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.
Os organizadores animan a participar este ano para que ir ao río e recoller ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza. O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. "Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito" salienta a entidade ecoloxista.
Se estás interesado en participar podes porte en contacto co Proxecto Ríos:
Correo: pacobanhobre@adega.info
Tlf. 981 57 00 99