Momento doce

Momento doce
22 de Outubro, 2024 - 01:00 h. | Publicada por Radio Fene

Gañou en confianza o Perlío e iso tradúcese en resultados no campo de fútbol. Perlío 2-0 Galicia de Caranza. Marcador do partido da Terceira Galicia disputado nos Pinares, que analizaron en Radio Fene as xogadoras Sabela López e Sara Rodríguez.

ESCOITA O PODCAST:

“Saímos motivadas e con confianza; o noso xogo foi superior, merecemos gañar e o resultado así o demostra”, asegura Sabela López. “Un moi bo partido pola nosa parte”, comenta Sara Rodríguez que destaca o papel dunha “defensa moi ben colocada”. Yasmín que marcou na primeira metade (18’) e Sofía no segundo tempo (60’) déronlle unha nova vitoria ao Perlío que vai agora mesmo de segundo no taboleiro con oito puntos. “Son dous goles importantes, que nos dan unha vitoria que mereciamos a nivel futbolístico e tamén do equipo”, opina Sabela. 

Deportes

Publica o teu comentario agora