Momentos cruciais

Momentos cruciais
22 de Maio, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Tranquilos que os goles van chegar. Ti, Savich. Forte coa cabeza". Son as mensaxes que lle transmitiu o pasado domingo Simeone aos xogadores do Atlético de Madrid. O psicólogo José Barcia falou en Radio Fene do que din os adestradores aos xogadores nos descansos dos partidos. En baloncesto nos tempos mortos ou agora nas denominadas pausas de hidratación. E importante escoller a mensaxe, porque os adestradores teñen moi pouco tempo para dicir aquilo que cren crucial, indica Barcia. 

ESCOITA O PODCAST:
Actividades Por máis vida.Xuño 2019

Chorando non se pode transmitir un estado de ánimo positivo. Non podes dirixir a alguén a un obxectivo, se non sabes cara onde o vas dirixir. Se ti queres transmitir confianza, tí tes que ter confianza. Profesores que non saben como reconducir unha situación de descontrol. Pais e nais que non sabemos que dicirlle á rapazada en momentos nos que necesitan unhas  palabras de apoio.  Son situacións claves nas que unha mensaxe curta e breve pode provocar unha importante reacción. 

Deportes

Publica o teu comentario agora