ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hixinio Puentes naceu no porto do Barqueiro. Mestre, investigador da historia do concello de Mañón e autor de diversos estudos relacionados co mundo do mar. Agora ven de sacar do prelo a novela Monbars o Exterminador, finalista do Premio Xerais de Novela 2005 e gañadora do Premio Eixo Atlántico de Narrativa 2006.
Monbars o exterminador de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, escrita con certa tinta aceda. O protagonista vive no século XVII, rebélase e opina sobre conceptos como a lei, autoridade, monarquia, liberdade e moralidade. Realiza un canto ao mar e fala da súa xuventude como filibusteiro da Illa Tartaruga. Desde o seu retiro, refire ao seu criado as lembranzas dunha vida preñada de violencias. Monbars o exterminador de Hixinio Puentes, publicado por Edicións Xerais de Galicia.