Moncho Borrajo e cen doncelas

Moncho Borrajo e cen doncelas
02 de Xaneiro, 2019 - 08:53 h. | Publicada por Radio Fene

Sara Guerreiro na voz, Óscar Maceiras no bombo e Javier Rodriguez co acordeón forman Encrucillada. Tamén soa o tamboril de Héctor Piñeiro, o saxo lixeiro de Alberto Maceiras e a gaita de Toni López. O grupo Encrucillada reivindica a música tradicional e veñen de presentar o seu primeiro album que recibe o nome de Marbán, que é tamén a séptima canción do disco, con letra de Moncho Borrajo.

Alberto Maceiras, do grupo Encrucillada

A canción Marbán xurdiu nunha visita do humorista Moncho Borrajo ao local de ensaio. Ofreceuse para facer a letra dunha canción e pediu que lle contaran algunha lenda da zona. Ocurreuselles a historia recollida no monte Marbán nas Somozas. Un cabaleiro francés gañara a cen doncelas nunha batalla. Fechounas nunha casa das Enchousas e quería levalas para África. Concentráronse no monte os pais e as nais e berraban laiandose “Polo mar van”.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora