Moncho Reboiras: Contra as inxustizas, contra as dictaduras

Moncho Reboiras: Contra as inxustizas, contra as dictaduras

12 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A declaración de Moncho Reboiras como unha víctima do franquismo é algo moi importante para a súa familia e para os seus compañeiros, segundo afirma Marisa Vázquez, quen compartiu militancia co militante nacionalista morto en 1975. Para Marisa, "deben valoralo así todos os homes e mulleres que se rebelan contra as inxustizas, contra as dictaduras".

O delegado do Goberno en Galicia Antón Louro entregoulle este mediodia a representantes da familia de Reboiras unha declaración de reparación e recoñecemento persoal. O Consello de Ministros considera acreditado que o militante nacionalista padeceu "ilexitimamente persecución e violencia que motivaron a súa morte en agosto de 1975 en Ferrol, cando realizaba actividades propias da súa militancia política".

Sociedade