ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“O que pretende Cunqueiro é descubrir o dereito e o reverso da existencia para amosar a realidade completa a aqueles que non souberon vela ainda” afirma a profesora da Universidade Complutense de Madrid Monserrat Mera, autora do libro “El periodismo de Álvaro Cunqueiro”. Para a profesora “nunca defrauda, e os seus artigos resultan interesantes e incluso algúns seguen tendo a mesma actualidade que no momento no que foron escritos”.
Cunqueiro aseguraba que as únicas noticias verdadeiras son as que teñen máis de trescentos anos e por iso busca a actualidade que sobrevive á inmediatez. Na columna publicada durante vinte anos no Faro de Vigo denominada “El envés”, o escritor de Mondoñedo pon en práctica a súa peculiar, heterodoxa e nada académica concepción do xornalismo. Pretendía paliar os efectos negativos do xornalismo, utiliza o “antiperiodismo” e da noticia da cara oculta das noticias..
Cunqueiro herdou dá súa nai o amor pola lectura e do seu pai, boticario, a súa admiración pola natureza. Estudou Filosofía en Santiago “aínda que do mesmo xeito que no Instituto pasou máis horas na biblioteca que nas aulas”. A pesar de que era un fabulador nato, tamén se sentía xornalista, “unha relación amor-odio que expresou en múltiples ocasións”segundo a profesora Mera.
A prosa do autor de “Merlín e familia” caracterízase polo humor, a fantasía, a importancia da historia e das lendas e a presencia constante de Galicia”. Aposta por potenciar as noticias locais e cre que “a realidade non é plana, senón que conta con dous rostros que é preciso coñecer para así poder aprehendela na súa totalidade”, porque a parte dos soños do home é tan decisiva e importante como as outras parcelas da vida humana.
Publica o teu comentario agora