ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Falece un veciño de Fornelos de Montes logo de caer ao mar nas inmediacións da factoría de Pescanova en Chapela. Os feitos producíronse na tarde de onte cando por causas que se descoñecen o home precipitouse ao mar dentro do seu vehículo. Trátase de José Valentín R.A. de 64 anos de idade, traballador da empresa Pescanova en Redondela quen segundo os primeiros indicios se tería precipitado ao mar no interior do seu vehículo,
Familiares do falecido alertaron ao 112 na medianoite de onte preocupados pola súa tardanza. Logo do aviso, desprazáronse ao lugar do suceso axentes da Policía Local, da Policía Nacional e membros da Garda Civil do mar.
Nas labores de rescate do corpo foi necesaria a intervención dos mergulladores de bombeiros de Vigo. A primeira hora da mañá de hoxe procedeuse a recuperar o vehículo. Dase a circunstancia de que o falecido, segundo información facilitada pola Policía local, estaba a piques de xubilarse.