ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un home de 42 anos, casado e con dous fillos, morreu a primeiras horas desta mañá despois de ser agredido nas inmediacións do Estadio Vicente Calderón de Madrid, nas horas previas ao partido de fútbol entre o Atlético de Madrid e o Deportivo da Coruña. Os autobuses cos siareiros deportivistas chegaron á zona arredor das nove da mañá e os estaban agardando máis de cen ultras do Frente Atlético armados con paus, navallas e ben
"Non teñen nada que ver co fútbol". Poucas horas despois da agresión que este domingo lle provocou a morte a un coruñés que viaxara para asistir ao partido entre o Deportivo da Coruña e o Atlético de Madrid ambos clubes e a Liga de Fútbol Profesional esforzáronse en desentenderse do presunto asasinato. Así, o presidente do Atlético, Enrique Cerezo, dá en argumentar que os feitos sucederon "moi lonxe" do estadio Vicente Calderón -aconteceu a apenas 600 metros, segundo fontes presenciais- e resume o sucedido en que "grupos radicais quedan, atópanse e prodúcense estas consecuencias". "Non temos nada que ver cos feitos", subliña o empresario, nun contexto no que tamén o Deportivo e a propia Liga marcan distancias. "Non eran entradas vendidas por nós. Riazor Blues é un grupo tranquilo en xeral, di Tino Fernández.
Segundo foi transcendendo ao longo da xornada a Policía Nacional detivo xa 24 persoas presuntamente relacionadas coa pelexa, iniciada ao redor das 9 desta mañá, ao chegaren a Madrid os autobuses con afeccionados procedentes de Galicia. Segundo admiten fontes policiais, á hora do inicio dos incidentes non estaban despregadas na zona as unidades antidisturbios, que constitúen o groso dos efectivos que adoitan actuar neste tipo de eventos. Segundo esas fontes os axentes da UIP non foran alertados pola Brigada Provincial de Información de que houbese algún tipo de risco antes do encontro.