ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un operario dunha empresa de xardinería faleceu esta mañá tras precipitarse dunha árbore cando realizaba un traballo de poda. Segundo informou o 112, o suceso tiña lugar sobre as 9,00 horas deste martes, segundo informa Radio Redondela.
Foi un particular o que chamou ao servizo de emerxencias 112 Galicia para pedir axuda en relación a este incidente, tras o que foron alertados Urxencias Sanitarias, Policía Nacional e Local e efectivos do Grumir de Redondela. Os Bombeiros de Baixo Miño tamén foron informados pero non chegaron a intervir ao non estar a persoa atrapada pola árbore e non ser necesaria a excarceración, segundo concretou o servizo de emerxencias. Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e un médico de Atención Primaria da zona, que confirmou o falecemento in situ do operario, A.F.S., de 66 anos.