Morre un home nun atropelo en Negreira

Morre un home nun atropelo en Negreira

01 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O suceso produciuse sobre as 1,55 horas de hoxe na Avenida de Santiago, á altura da rotonda das Vacas por causas que se descoñecen.

Un home, do que se descoñecen aínda os datos, faleceu esta madrugada en Negreira (A Coruña) tras ser atropelado por un vehículo, informaron fontes do servizo de emerxencias 112. O suceso produciuse sobre as 1,55 horas de hoxe na Avenida de Santiago, á altura da rotonda das Vacas. Ao lugar do accidente desprazáronse unidades da Garda Civil, do servizo de urxencias 061 e de Protección Civil de Brión.

Sociedade