ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un peón de 74 anos de iniciais J.D.C. faleceu este luns en Ferrol tras ser atropelado por un turismo na zona de San Cristóbal, na estrada posterior ao Castelo de San Felipe, segundo informou a Policía Local. Segundo os datos facilitados, o sinistro ocorreu ás 13,10 horas a escasa distancia do castelo de San Felipe, na vía que discurre pola zona da Graña.
Até o lugar desprazouse un equipo de atestados da Policía Local, que confirmou que o peón falecido é un home veciño da zona e nacido en 1936. O condutor do vehículo detívose a auxiliar ao ancián, pero non puido facer nada por salvar a súa vida.