ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un traballador faleceu á primeira hora da tarde deste mércores nun accidente laboral a bordo dun pesqueiro atracado no porto de Burela (Lugo), o barco Mataleñas II.
A central de coordinación de urxencias recibiu aviso do accidente cando pasaban seis minutos das tres da tarde. A persoa que alertou do sinistro informou á operadora de que se escoitou unha forte explosión no pesqueiro e de que había unha persoa tendida sobre a cuberta. Inmediatamente, o 112 mobilizou ao servizo de urxencias sanitarias, ao Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) e á Garda Civil.
Cando o equipo sanitario chegou ao lugar do accidente, só puido certificar a morte do traballador, que faleceu practicamente no acto. Á espera de recompilar máis datos, fontes municipais dixeron que o traballador falecido estaba a realizar algún tipo de reparación con soldadura e que ao tocar unhas baterías provocou a explosión que lle causou a morte.
O operario falecido traballaba para Talleres Cillero, empresa de reparación naval, tiña 57 anos de idade e era natural do concello de Mañón. Actualemente residía en Magazos, en Viviero. Faleceu á primeira hora da tarde nun accidente laboral a bordo dun pesqueiro atracado no porto de Burela (Lugo), o barco Mataleñas II. Á espera de recompilar máis datos, fontes municipais dixeron que o traballador falecido estaba a realizar algún tipo de reparación con soldadura e que ao tocar unhas baterías provocou a explosión que lle causou a morte.
As autoridades xudiciais proceden ó levantamento do cadaver e a investigación está a cargo da Policía Xudicial e a Garda Civil de Lugo e Burela, para esclarecer as causas do accidente.