Morre unha muller en Foz nun posible caso de violencia de xénero

Morre unha muller en Foz nun posible caso de violencia de xénero

25 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Unha muller, de 71 anos, veciña do concello lucense de Foz, foi atopada morta na súa casa na noite de onte nun posible caso de violencia de xénero. O presunto agresor , o home da víctima de 68 anos, veciño da localidade, apareceu igualmente sen vida nun anexo á vivenda. A coordenadora comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración de repulsa en Ferrol polo asasinato de María Elena Rodríguez Quiroga, ma&ntild

A Garda Civil mantén aberta a investigación para determinar o sucedido. Non hai constancia de antecedentes da vítima por violencia de xénero. De confirmarse o seu falecemento como vítima de violencia de xénero, sería a terceira en Galicia e o número vinte e dous que hai que lamentar en España no que vai deste ano.

A MMM informa que María Elena  foi asasinada polo seu marido este xoves. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
"Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Maria Elena e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo".
 

A Delegación do Goberno en Galicia expresa a súa condena e manifesta a máis enérxica repulsa cara a todos aqueles que exercen calquera tipo de violencia, especialmente a que se exerce contra as mulleres. Tamén lembra a importancia da implicación de toda a sociedade e de que as mulleres denuncien, reiterando que poden facelo persoalmente ante as forzas e corpos de seguridade ou a través do teléfono 016, que é un número gratuíto e garante a confidencialidade da chamada, que non queda rexistrado na factura telefónica.

Sociedade