Morre unha nena electrocutada nas festas de Guadalupe en Compostela

Morre unha nena electrocutada nas festas de Guadalupe en Compostela

15 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Unha nena de catorce anos morreu electrocutada esta madrugada en Santiago de Compostela. Segundo as primeiras impresións, a morte produciuse ao tocar unha farola do alumeado público no barrio de Guadalupe, que estaba a celebrar as súas festas patronais.

Ocorreu en torno ás duas da madrugada cando a orquestra El Combo Dominicano animaba unha concurrida verbena. Tras producirse o suceso, varias patrullas da Policia Local acordoaron a zona e unha ambulancia medicalizada cun equipo sanitario intentou sen éxito reanimar á xove veciña de Brión. Tras confirmarse a morte, a orquestra decidiu suspender a actuación.

 

Outro suceso

Tamén esta madrugada o párroco de Cruces en Padrón sofreu un asalto na súa vivenda. Resultou morta a súa criada e o sacerdote con feridas de prognóstico reservado. 

Sociedade