ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O escritor Bernardino Graña faleceu esta madrugada. Os seus restos foron trasladados esta mañá ao tanatorio de Cangas para proceder á súa incineración, segundo nos comunica o seu amigo Alexandre Ripoll.
Bernardino Graña (Cangas, 1932) pertenceu a Brais Pinto en Madrid. Xunto a Méndez Ferrín, Fernández Ferreiro, Raimundo Patiño ou Herminio Barreiro, Graña fundou este histórico grupo cultural nos anos 50. Entre os seus títulos poéticos destacan obras como Non vexo nin Vigo nin Cangas. Como narrador publicou unha ampla obra dedicada ao público infantil e xuvenil e tamén obras para adultos, como é o caso de Protoevanxeo do Neto de Herodes, co que gañou en 2006 o Premio Eixo Atlántico. Ingresou na Real Academia Galega en xuño de 2010 cun discurso centrado na tradición dos contos. Foi fundador e primeiro presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en lingua galega.
Luz de novembro
Investigación literaria, poesía, contos e teatro compoñen a obra literaria de Bernardino Graña. Escribiu tamén o poema Luz de novembro adicado á morte de Franco. Foi o 21 de novembro de 1975, un dia despois do falecemento do dictador. O autor perdeuno en cambios de residencia. 20 anos máis tarde, atopouno e fíxose unha primeira edición expoñendoo no Instituto de Ensino Secundario de Fene, o 20 de novembro de 1995, reproducindose daquela en A Nosa Terra. En 1997 publicouse dando nome a un libro editado por Espiral Maior.
Publica o teu comentario agora