ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu en Ourense o historiador, escritor e profesor, Marcos Valcárcel López, despois dunha longa enfermidade.Quen desexe darlle o derradeiro adeus pode acodir ao Tanatorio "As Burgas" de Ourense (nº 6) durante a tarde de hoxe e mañá luns día 6 durante todo o día. O Premio Castelao 2009, o Premio Otero Pedrayo ou o do Pen Club de Galicia foron algúns dos galardóns recibidos por Marcos
Hai pouco máis de 2 anos (o 1 de decembro do 2008) 300 persoeiros e amigos de Marcos Valcarcel deronse cita na cidade das Burgas para participar nunha homenaxe a quen foi definido como o "historiador elegante", o "Cronista da República Galega das Letras" ou a "persoa que recibe aos escritores nas portas de Auria para presentalos en sociedade".
Marcos Valcárcel recibiu en xuño do 2009 o Premio Otero Pedrayo e no acto lembrou que ser "diferente é ser existente". Sinalou que Galicia existiría sen lingua propia, pero sería totalmente diferente e as súas provincias, como as demais. "Moita xente lamentaría levantarse un día coa noticia de que se derrubou a fachada da catedral de Santiago e o mesmo debería ocorrer cando nos din que a nosa lingua perde falantes, pois o seu valor supera ao de moitas fachadas do Obradoiro" salientou o historiador ourensán.