Morreu o ex alcalde de Mugardos Xosé Fernández Barcia

Morreu o ex alcalde de Mugardos Xosé Fernández Barcia
13 de Novembro, 2018 - 02:09 h. | Publicada por Radio Fene

O ex alcalde de Mugardos Xosé Fernández Barcia faleceu esta mañá con setenta e catro anos. Obreiro e técnico de turbinas traballou en compañias auxilliares da Bazan e estivo emigrado en Canadá. Saiu elexido concelleiro en 1999. Nas listas do Bloque Nacionalista Galego conseguiu a alcaldía en 2003. Foi alcalde de Mugardos ata o 2015, durante 12 anos. Nesas eleccións xa non se presentou.

ESCOITA O PODCAST:
Xosé Fernández Barcia

Xosé Fernández Barcia faleceu esta mañá no Arquitecto Marcide. Comezou en 1975 a súa relación con grupos nacionalistas.

Institucional

Publica o teu comentario agora