Morreu o histórico sindicalista Suso Díaz

Morreu o histórico sindicalista Suso Díaz
09 de Xullo, 2025 - 09:23 h. | Publicada por Radio Fene

Suso Díaz, loitador antifranquista e histórico sindicalista galego, faleceu este martes aos 80 anos. Foi secretario xeral de CCOO en Galicia entre 1992 e 2000. Pasou por prisión durante a ditadura de Franco. Naceu en Ferrol e aos 14 anos entrou a traballar en Astano. Foi un membro activo da cooperativa que construiu as vivendas de San Valentín en Fene. Pai da vicepresidenta do goberno Yolanda Díaz, adicou á súa vida á loita pola libertade e a xustiza. 

Suso Díaz en Radio Fene (10-03-2021)

En novembro de 1974 veu o poeta Uxío Novoneira a recitar ao Círculo de Perlío. Aínda non pasaran dous anos dos sucesos de marzo de 1972 en Ferrol. O poeta do Caurel escribira un poema adicado a Amador Rey e Daniel Niebla. Recitouno en Perlío. Lembraba Suso Diaz, daquela directivo do Círculo: "Cando Uxío leu aquel poema, apagamos as luces e deixamos aceso un flexo sobre a mesa. Caeuse o local do Círculo con aplausos. Todo o mundo en pé. Foi tremendo". 

 

Celebrarase un acto de homenaxe ás 18,30 desta tarde no Tanatorio Albia, Rúa Madame Curie,3. Poligono Agrela. A Coruña. Posteriormente terá lugar a cremación na intimidade familiar.

Sociedade

Publica o teu comentario agora