Morriña do mar

Morriña do mar
08 de Febreiro, 2022 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Carme Romero traballa a cerámica como se facía antes. Elabora pezas pequenas cheas de tradición como os chifres gaiteiros ou os carrizos. Para os traballos grandes utiliza o engobe, barro coloreado,  como se fora debuxar en tres dimensións. "Mulleres mariñas", "Meigas sabias e mulleres boas" foron algunhas das súas coleccións iniciadas cando vivía en Madrid e tiña morriña do mar. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Agora tamén usa as imaxes das árbores para reivindicar un maior coidado da natureza. Reclama a tradición galega e ensina a súa obra a través de Facebook e Instagram. 

 

Fotografía: Xan Xe Corral
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora