A morte de Reboiras

A morte de Reboiras
19 de Febreiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Facíase o que se podía e non sempre era fácil”, comenta Luís Gonçalez Blasco sobre os posibles erros da UPG. Escoita as verbas do autor de 'A UPG en Portugal e alguma coisa mais'.

ESCOITA O PODCAST:

“A morte de Reboiras aquí en Ferrol non foi un erro, precisamente, da UPG senón que fora consecuencia de que dous compañeiros vascos que andaban por aquí foran controlados polas forzas represivas, en parte pola infiltración que houbera dentro de ETA”, afirma Gonçalez Blasco no clube de lectura de Radiofusión. Exiliado en 1968, ata 1974 ‘Foz’ foi o promotor principal da organización de núcleos da UPG en Francia, Holanda, Reino Unido, Italia, Suíza ou Alemaña. Participou, ademais, na redacción da Carta de Brest.

Fotografía: Xan Xe.

Sociedade

Publica o teu comentario agora