Morte dun traballador

Morte dun traballador
08 de Novembro, 2021 - 11:16 h. | Publicada por Radio Fene

Loito en Barallobre. Un minuto de silencio abriu o partido da Segunda Galicia de fútbol entre a S.D.Barallobre e o Eume B. Pouco antes de empezar o encontro, o equipo enterouse da morte do pai do xogador Yerai Varela en accidente de tráfico en Bélxica a onde se trasladara a traballar hai unha semana.

ESCOITA O PODCAST:
S.D.Barallobre

Era o primeiro partido oficial da tempada no campo do Ramo. “O terreo de xogo respondeu bastante ben, ao non chover o sábado estaba seco” indica o técnico do Barallobre Óscar Varela. O partido finalizou cun tan teo de 1-2. “O Eume B superounos, chegou con máis perigo” apunta Varela. 

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Deportes

Publica o teu comentario agora