ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O inspector Benito Marañao volve ás rúas para investigar a misteriosa morte dunha rapaza de quince anos. “Unha gripe cabaluda”. Novela negra, que conxuga intriga con sentido do humor. Ambientada nos tempos da pandemia do Covid 19. É a última obra de Bieito Iglesias. Presentouna esta mañá no clube de lectura de Radio Fene.
Bieito Iglesias fala do inspector Marañao, o protagonista de “Unha gripe cabaluda”. Ë un policía de extracción popular que non está a gusto no tempo do coronavirus con tantas regras que todos temos que cumprir. "Ten unha mentalidade máis liberal" indica Iglesias. O inspector Marañao vai tomar un ano sabático. Por iso, Iglesias traballa na actualidade nunha novela ambientada en Estados Unidos. Publicará en 2025 un libro de contos denominado O nariz de Cyrano en Aira Editorial.
Bieito Iglesias en Radio Fene
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora