A mostra “Francisco Leiro. Celebrando o Códice Calixtino” recala en A Coruña

A mostra “Francisco Leiro. Celebrando o Códice Calixtino” recala en A Coruña

25 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A mostra “Francisco Leiro. Celebrando o Códice Calixtino” inaugurouse esta mañá na Coruña. Pódese visitar na sala de exposicións do Pazo Municipal da cidade ata o 26 de setembro. A exposición enmárcase no Camiño da Historia da programación deseñada por Xacobeo 2010 para celebrar este Ano Santo. A mostra chega á cidade herculina despois de recalar nas cidades de Santiago e Pontevedra e, antes do remate do ano, via

A exposición engloba 34 letras capitais e seis portadas realizadas sobre papel e técnica mixta, que amosan o principio do libro e o inicio de cada un dos cinco libros dos que está composto o Códice Calixtino. A mostra complétase con dúas esculturas en madeira, que representan dúas das letras utilizadas como capitais: o B e o T, que ilustran as letras que inician cada un dos capítulos.

O propio espazo guiará ao visitante entre as letras enmarcadas en caixas de madeira, conducíndoo cara un espazo que, a modo de Santa Santorum, alberga nunha vitrina un dos exemplares da edición especial do Códice traducido ao galego. Exponse nun atril para que o público o poida ler e manipular. Esta edición foi realizada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo no ano 2010. Supón a tradución do latín ao galego do Códice Calixtino conservado na súa versión orixinal na catedral de Santiago de Compostela.

Cultura