A mostra “Médicos, artistas plásticos no Camiño de Santiago” inaugúrase mañá no Museo Provincial de Lugo

A mostra “Médicos, artistas plásticos no Camiño de Santiago” inaugúrase mañá no Museo Provincial de Lugo

02 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, presidirá a inauguración da exposición “Médicos, artistas plásticos no Camiño de Santiago”, que terá lugar mañá venres, ás 20.30 horas no Refectorio do Museo Provincial de Lugo. Xunto co mandatario provincial estarán presentes o alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado, a directora do Museo, Aurelia Balseiro, e os responsables da exposición

Esta mostra, organizada polo concello de Palas de Rei, está composta pola obra de 19 autores, na que cada un fai unha aportación representativa do seu traballo nas disciplinas de pintura, escultura, gravado e fotografía, coa temática común do Camiño de Santiago e a peregrinación e a particularidade de que todos os artistas son médicos. A exposición poderá visitarse ata o 18 de xullo.

Cultura