ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Co gallo da celebración do 150 aniversario da publicación na cidade de Vigo da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a Fundación Barrié, a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo organizan unha exposición conmemorativa da efeméride que se pode visitar ata o 15 de agosto na sede da Barrié na cidade olívicia e que leva por título No principio foi o verso
No principio foi o verso está estruturada arredor de 8 bloques temáticos: A Rosa e a Oliva. Pensar Galicia na cidade de Vigo: Rosalía, Murguía e os amigos de Vigo; Do folclore á literatura nacional. Nos cantares populares están os nosos clásicos; O primeiro canto: Cantares gallegos; Vigo, capital editorial. De Compañel ao século XXI; Unha factoría cultural. A familia Murguía-De Castro; Os pais do país. Rosalía e Murguía conforman o país que somos; Rosalía, muller intelectual galega. Voces e imaxes nunha proxección audiovisual arredor do histórico retrato de Rosalía por Modesto Brocos e Muller bandeira. Fitos, documentos e obxectos dun proceso de mitificación.