Motor da economía

Motor da economía
25 de Novembro, 2021 - 12:05 h. | Publicada por Radio Fene

O comercio local e de proximidade é importante como motor da economía, xerador de emprego e mellora da convivencia. É tamén ecolóxico porque favorece o desprazamento a pé e evita a útilización innecesaria do automóbil. Son factores que esgrime a asociación de comercio O Cruceiro de Fene á hora de organizar a semana do Black Friday. 

ESCOITA O PODCAST:
Ramón Domínguez. Mayka Moda

En Mayka Moda fan descontos de moitos produtos, aínda que hai outros que non poden estar rebaixados, segundno explicaba o seu encargado Ramón Dominguez. O comercio de Fene xa celebrou unha semana do Black Friday o ano pasado. Esperan neste exercicio boas vendas e unha resposta positiva da clientela. Para a campaña do Nadal,,o comercio de Fene ofrecerá detalles e agasallos á clientela. Pero nesta semana do Black Friday, o detalle é o desconto. O comercio local xera valor, o valor de facer cidade, o valor de xerar ocupación e riqueza, o valor da confianza e o valor de telo todo preto. Mercar en Fene é moi cómodo e coa ampla oferta existente podes atopar todo o que necesites. Non perdes tempo e cartos en desprazamentos e apostas por  un mundo máis limpo e sostible.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora