Motorhead, o favorito dos ferroláns para as festas de Ferrol 2010

Motorhead, o favorito dos ferroláns para as festas de Ferrol 2010

26 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os ferroláns decántanse polo rock duro. A banda de heavy metal Motorhead reune as preferencias do maior número de cidadáns para as festas do verán en Ferrol. Xuntou un total de 864 votos na consulta aberta a través do correo electrónico pola concelleria de Festas da cidade departamental. Participaron na iniciativa en total máis de 3.200 persoas, fronte aos perto de 800 do ano pasado. En segundo lugar situouse o grupo de Ferrolterra El Viejo Caracol, un

Os grupos escollidos recollen unha gran variedade de estilos, e se percibe a influencia das redes sociais nos votos recibidos por cada músico. Tras Motorhead e El viejo Caracol atópanse na lista en terceiro lugar The Nash, seguidos de Silvio Rodriguez, Fito y los Fitipaldis e Joaquin Sabina. Tamén votaron para as festas de Ferrol por Chenoa, Los Suaves, Rosendo e o grupo de flamenco andaluz El Barrio.  

A concellería de Festas poñerase en contacto con estes grupos para coñecer se están en xira, e se o seu caché se axusta ás disponibilidades presupostarias do Concello de Ferrol. O vindeiro mércores ás 11 da mañá, reunirase a concelleira coa comisións de festas para acadar unhas festas integrais e participativas. Tentarase traer aos dous primeiros e en caso de que o caché sexa moi alto rotará a listaxe. A concellería conta cun presuposto de 275 mil euros e tentarán buscar algun patrocinador e pedir a colaboración do Xacobeo. 

Como curiosidade foron centos de grupos os votados. Algún recolleu un só voto. A concelleira de Festas María López, confesou esta mañá o seu voto a favor do grupo Dover. Non saiu entre os máis elexidos e tampouco está en xira. 

Sociedade