ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Torneo de fútbol once alevín. Este sábado no campo do Ramo de Barallobre. Participan o Círculo de Perlío, Animas, Club de Campo de Ferrol, Numancia de Ares e Irmandiños de Moeche. Partidos ao longo de todo o dia. Organiza a Sociedade Deportiva Barallobre. A categoría alevín de fútbol inclúe a nenos e nenas de 10 e 11 anos.

Tamén esta fin de semana, celébranse as Letras Galegas no local da Liga de Amigos de Barallobre. O sábado ás seis da tarde proxección dun documentario sobre Pucho Boedo. Logo actuación do grupo de canto da Liga de Amigos. O domingo a unha actuación das cantareiras Xerfa. Petiscos de callos e liscos. Pola tarde, as cinco, visita á horta de Pepe en Maniños.
Fotografía Xan Xe: Partido Barallobre - Narón. Segunda Futgal. 11 de maio de 2025.
Publica o teu comentario agora