Mozambique engádese á lista de destinos das Vacacións con Traballo do Fondo Galego

Mozambique engádese á lista de destinos das Vacacións con Traballo do Fondo Galego

29 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Catro empregadas e empregados das deputacións e concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pasarán un mes colaborando cos parceiros da entidade en Mozambique e Cabo Verde a través das Vacacións con Traballo. As e os participantes neste programa con máis dunha década de traxectoria achegan asesoramento técnico nos países empobrecidos e interc

Ata o 30 de abril permanece aberto o prazo para presentar candidaturas á undécima edición das Vacacións con Traballo, que buscan catro perfís diferentes. A Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos require un de técnica/o de Turismo e outro de técnica/o de Desenvolvemento local, que contribuirán a impulsar o turismo comunitario. En Mozambique, a Fundação Encontro, que atende a menores vulnerables, precisa dun/ha traballador/a social, mentres que a Rede de Mulleres Autarcas oferta unha praza de técnica/o en Igualdade para fomentar a implicación feminina na política, entre outras tarefas organizando un workshop para compartir experiencias con concelleiras e alcaldesas galegas.

As candidaturas presentaranse enviando a ficha de solicitude ao enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.org, canda o currículo, unha carta de motivación, e mais un escrito de apoio ou consentimento asinado pola/o representante política/o do Fondo Galego no correspondente concello ou deputación. Alén da formación e a experiencia, valorarase a vinculación co eido da cooperación e mais o dominio do galego e do portugués.

O programa cubre os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención da viaxe, na que as persoas seleccionadas investirán o seu mes de descanso. Co fin de visibilizar a realidade do Sur e sensibilizar fronte as desigualdades, o voluntariado publica un blog e á volta tamén se edita un caderno dixital. Un total de 36 empregadas e empregados da administración local participaron desde o ano 2006 nas Vacacións con Traballo.

Sociedade