Mozart, Beethoven e Dvorak da man do Cuarteto Wihan

Mozart, Beethoven e Dvorak da man do Cuarteto Wihan

24 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Teatro Jofre acollerá mañá martes, 25 de xaneiro, ás 20.30 horas un concerto de música clásica promovido pola Sociedade Filarmónica Ferrolana en colaboración co Concello de Ferrol que será ofrecido pola agrupación Cuarteto Wihan. Así a avanzou esta mañá a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, quen anunciou que as entradas están xa á venda no Punto de Información Cultural (PIC) no horario

Fundada no ano 1985, a dita formación sitúase na actualidade entre as mellores da República Checa e conserva as mellores tradicións da escola de cuartetos checos, enriquecendo o seu repertorio con obras excepcionais dos máis prestixiosos compositores de música de cámara. Os seus integrantes son Leos Cepicky (violín), Jan Schulmeister (violín), Jirí Zigmund (viola) e Ales Kasprík (violoncelo). Na actuación prevista para o Teatro Jofre o dito cuarteto ofrecerá un repertorio de música clásica que inclúe a interpretación dos Cuartetos KV 387 de Mozart, OP18 de Beethoven e OP 105 de Dvorak.  

No ano 1992 o Cuarteto Wihan demostrou a súa calidade no Concurso Internacional de Londres, facéndose merecedor do primeiro premio por unanimidade do xurado, que estivo presidido por E. Menuhim. Ao mesmo tempo foille concedido o Premio do Público. 

Sociedade