ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Mugardos ultima os trámites para o inicio das obras de transformación do castelo da Palma nun hotel. O ente municipal aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan de Urbanismo. Ese cambio debe agora ser ratificado pola Xunta de Galicia. Logo volverá aprobalo o Concello mugardés. A empresa propietaria do edificio deberá presentar un anteproxecto de execución da obra.
O Castelo da Palma empezouse a construír en 1597 e remodelouse a mediados do século XIX. Durante moitas décadas, esta finca de 29.630 metros cadrados foi o cárcere do Exército de Terra. A Palma foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994 e, desafectada en 2001, cambiou de mans un ano despois. Poxouse por 1,4 millóns e foi adxudicada a Castelo da Palma-Mugardos, SA. Detrás desta sociedade, están o grupo coruñés Invertaresa, Maxi Logistic e a cadea Diana Grandes Hoteis. Os novos donos do castelo planeaban rehabilitalo e transformalo nun balneario de luxo a pé de ría con 80 habitacións tipo suite, spa e centro de convencións. Dez anos despois, o proxecto segue en diferentes dependencias da administración porque os seus muros adéntranse na ría, en zona especialmente protexida por Costas. O Concello de Mugardos agarda agora que no prazo dun mes a empresa presente o anteproxecto da execución da obra, o que supoñería o desbloqueo burocrático da iniciativa.