Mugardos - O Val: a hora da verdade

Mugardos - O Val: a hora da verdade

07 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O futuro dos dous equipos de Ferrolterra na Primeira Autonómica de fútbol dirímese en boa medida esta tarde. Tanto o Galicia de Mugardos como O Val manteñen ata o momento intactas as súas aspiracións ao ascenso de categoría, pero unha victoria esta tarde supoñerá un impulso decisivo para o conxunto que a logre. O encontro comezará ás cinco desta tarde no campo da Pedreira en Mugardos.

Na Segunda Autonómica tamén xogan esta tarde o Cariño e o Cedeira en partido adiantado á 26ª xornada. Na Terceira Autonómica adiantanse o Cabanas - Neda o Canido - Somozas B (campo de Aneiros. Os tres encontros comezarán ás 16,30 h.

Deportes